Blog

18 Dec / Teis acolle a XIX Xornada de Troco

troco-blog copia

Roupa, tecidos, mel, produtos da horta, complementos… foron algúns dos produtos que se atoparon o pasado venres, 13 de decembro, na XIX xornada do troco de Nadal organizado polo Banco do Tempo de Vigo.

Este foi un lugar onde as transaccións leváronse a cabo a través da moeda social denominada “hora”, única alternativa de interacción.

Os asistentes comezaron a chegar pouco antes das 17:00 h ao Centro Cívico Municipal de Teis, con ganas de mostrar os seus obxectos ao resto do colectivo.

Así mesmo, a organización do Banco do Tempo, decorou a sala relacional do Centro Cívico, onde se levou a cabo o mercado, con motivos de Nadal.

As posibilidades de intercambio foron moi variadas, ademais, aproveitando o evento, propuxéronse actividades adicionais: un membro do banco estivo debuxando “in situ” e trocando as súas obras de arte por obxectos que lle interesaban. Outro membro do banco estivo axudando os usuarios que así o precisaban, a darse de alta nas redes sociais e así poder seguir o Banco do Tempo na rede.

Tralo éxito desta iniciativa promovida polo Concello de Vigo, xa estamos a pensar no mercado do troco que terá lugar no mes de marzo no Centro Cívico Municipal de Saiáns.

By Banco do Tempo in Xeral
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.