Blog

12 Mar / Boletín quincenal #06 – DO 17 A 30 DE MARZO

boletin-news

Queridos usuari@s, queremos comezar a primavera celebrando o Mercado do Troco que se levará a cabo o próximo venres, 21 de marzo de 17:00 a 20:00 h na Oficina Municipal de Saiáns.

troco-saians-facebook

¡Xa estamos a traballar na organización e adiantámosvos que haberá sorpresas e novidades!

Esperamos que asistades tod@s os usuari@s que formades o Banco do Tempo. Ademáis, podedes vir acompañad@s por persoas que non pertenzan ao Banco do tempo e lle interese coñecer esta interesante iniciativa.

@s usuari@s que desexedes participar trocando obxectos, debédelos levar a Oficina Municipal de Saiáns a semana do día 17 ata o día 20 de marzo (ambos os dous incluídos).

Achegamos a plantilla de seguemento da X xornada do troco. Recordámosvos que deberedes cumplimentala co código de usuari@, nome a apelidos, os artigos a trocar e o nº de horas polos que se venden os artigos. Podedes descargalo aquí

Se se trata de produtos da horta ou feitos na casa, poderédelos levar ese mesmo día para que se manteñan frescos. Así mesmo, tedes o compromiso de porvos en contacto coa Oficina Municipal de Saiáns (986 498 657 ou camsaians@vigo.org) para indicar os produtos frescos a trocar.

A finalidade é ter preparado o espazo para cada un de vós e o seu correspondente carteliño.

Aproveitamos para recordarvos as datas das reunións do mes de marzo:

  • Luns, 24 de marzo as 18:30 h – Oficina Municipal de Saiáns
  • Martes, 25 de marzo as 18:30 h – Oficina Municipal de Coruxo
  • Mércores, 26 de marzo as 19:00 h – Oficina Municipal de Teis
  • Xoves, 27 de marzo as 20:00 h – Oficina Municipal de Casco Vello

Se queres manterte informad@ de cal é a situación actual do Banco do Tempo, animámosvos a seguilo nas redes sociais. Dalle click a “Me Gusta” na nosa Páxina de Facebook e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no noso Perfil de Twitter

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade.

Dende hai algunhas semanas, o Banco do Tempo tamén ofrece a posibilidade alternativa de inscribirvos as actividades a través da páxina web aquí.

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns de 16:45 a 18:15 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
HATHA IOGA

labores-saians-news

OBRADOIRO: HATHA IOGA (RESPIRACIÓN, MEDITACIÓN, POSTURAS CORPORAIS) Por Lidia Marín Cuervo
Os luns e mércores de 11:00 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE IOGA E RELAXACIÓN

navegar-casco-news

OBRADOIRO: IOGA E RELAXACIÓN Por Camino Brime
Non esquezades traer roupa cómoda, esteira e manta
Os xoves de marzo de 17:30 a 19:00 h
NAVEGAR POLO BDT

navegar-casco-news

OBRADOIRO: ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO? Por Miguel García.
Proximamente
INFORMÁTICA

navegar-casco-news

Office para Windows e Mac. Impartido por Ricardo R. Balseiro.
(Non é necesario levar ordenador portátil) É necesario levar un pen drive
O mércores 19 de marzo de 11:00 a 12:30 h e de 18:00 a 19:30 h
DEBUXO IMAXINARIO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: DEBUXO IMAXINARIO E PORTUGUÉS. Por José Eduino Oliveira.
Non esquezas traer block, lapis e goma de borrar
O mércores 19 de marzo de 19:30 a 21:00 h
O xoves 27 de marzo de 18:00 a 19:30 h
BÚSQUEDA DE EMPREGO EN SUIZA E ALEMAÑA

navegar-casco-news

OBRADOIRO: BUSCAR EMPREGO EN SUIZA E ALEMAÑA. Por Isolde Reimers
Os venres 4 e de abril de 10:00 a 13:00 h
HATHA IOGA E MEDITACIÓN

navegar-casco-news

Obradoiro de Hatha Ioga e Meditación.
Non esquezades traer roupa cómoda, esteira e manta
20 de marzo, 3, 11 e 25 de abril e 2 de maio de 20:00 a 21:15 h
CLUB DE LECTURA

navegar-casco-news

Club de Lectura
O 2º e 4º Xoves de cada mes

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

COCINA

cocina-teis-news

OBRADOIRO: COCIÑA SINXELA E ECONÓMICA III Por Iria F. Mouriz
O sábado 5 de abril de 10:00 a 13:00 h
INFORMÁTICA

cocina-teis-news

Office para Windows e Mac. Impartido por Ricardo R. Balseiro
(Non é necesario levar ordenador portátil) É necesario levar un pen drive
O mércores 26 de marzo de 11:30 a 13:00 e de 18:00 a 19:30

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040214 ofrece ovos caseiros por 2 horas a ducia.
@ usuari@ 040535 ofrece unha praza nun obradoiro de calceta que impartirá no seu comercio “Alma Artesá”, situado fronte á Igrexa da Colexiata os venres de 20:30 -22 h. O curso finalizará en abril e a persoa que se anote pagará 6 horas o mes a través de chequera xa que se trata dun intercambio de membro a membro.
A persoa interesada deberá contactar con Patricia a través de correo electrónico almartesana@hotmail.es.
@ usuari@ 040106 troca posibilidade de residir nunha vivenda propiedade dalgún membro do Banco do Tempo próxima ou comunicada con Vigo a cambio de facer o mantemento da mesma , do xardín ou terreo de ser o caso e/ou ofrecendo servizos o propietario/a tales como: ensinar a cociñar comida vexetariana, cociñar cociña vexetariana para outras persoas, levar a nenos ao colexio, apoio escolar, clases de filosofía a adultos, ioga…
@ usuari@ 040600 ofrece atender a persoas dependentes ou nen@s e pasar o ferro. Contactar por correo electrónico: roblesmaria_nelida@hotmail.com ou por teléfono 645682373.
DEMANDAS
@ usuari@ 020054 demanda TV e TDT a cambio de horas. Os interesados chamar ao nº de teléfono 615.287.624
A usuari@ 040078 precisa de alguén que teña coñecementos en edición de vídeo para realizar un montaxe con efectos e son.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.