Blog

18 Jun / Mercado de troco

troco-articulo

O Banco do Tempo Municipal de Vigo abriu o pasado martes as portas do mercadillo sen cartos que organizou na Oficina Municipal de Coruxo da cidade olívica.

Como xa ven sendo habitual, neste mercadillo non se trata de mercar obxectos, senón de trocar os que xa non se usan e buscar outros que se necesiten, sen custe algún máis que o no de horas correspondente, xa que é moeda de pago oficial do Banco do Tempo.

Este tipo de mercadillos tan habituais noutros países europeos, estanse implantando en España axudando a cambiar a mentalidade de consumo. Intercambiáronse todo tipo de obxectos: máquina de coser, tendas de campaña, roupa, música, libros, accesorios de fogar, pequenos electrodomésticos, produtos frescos da horta, tan demandados neste tipo de eventos. Ademais, os asistentes, puideron beneficiarse dos servizos que se prestaron “in situ” e moitos de eles saíron do mercado, por exemplo, coa manicura feita.

¡Xa estamos a pensar na organización do próximo mercado do troco que se levará a cabo no mes de setembro na Oficina Municipal de Casco Vello!

By Banco do Tempo in Uncategorized, Xeral
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.