Blog

17 Jul / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 15

boletin-julio-agosto-cartel

Aínda que estamos en verán, seguimos traballando para que todos vós sigades disfrutando dunha ampla gama de ofertas e servizos.

Non se trata soamente de aproveitar o tempo, senón de disfrutar cada instante. O tempo voa, a boa noticia é que tí es o piloto.

Excepcionalmente, este mes haberá unha única reunión mensual que se levará a cabo na Oficina Municipal de Casco Vello o xoves, 31 de xullo ás 20:00 h.

ingles-saians-block-baja

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación Aplicación Banco do Tempo e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

Dalle click a “Me Gusta” no seguinte enlace Facebook do Banco do Tempo e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no Twitter do Banco do Tempo.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ECOLOXÍA MENTAL (coaching)
– COMO FACER FLORES DE PAPEL E DE TELA
– PINTURA EN CRISTAL
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– IOGA E RELAXACIÓN

SE ESTAS INTERESADO, INSCRÍBETE NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO 986 226 841 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es


OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

TERTULIAS EN FRANCÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: TERTULIAS EN FRANCÉS. Por Ana Mª Yarza
Os mércores de 10:00 a 11:30 h
PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h
OBRADOIRO DE INGLÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: INGLÉS. Por Cristina López.
Os martes de 20:00 a 21:15 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O último martes de cada mes de 19:00 a 20:30 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040668 oferta marmelada de ameixa casera a cambio de horas. 3 botes por una hora.
@ usuari@ 040660 oferta animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… a cambio de horas.
DEMANDAS
@ usuari@ 040555 busca persoa para cortar uñas a un gato a cambio de horas
@ usuari@ 040078 solicita persoa que a ensine a editar vídeo a cambio de horas.
@ usuari@ 030093 demanda libros de artesanía, en especial de traxes rexionais. Troco por horas.
By Banco do Tempo in Uncategorized
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.