23 Oct / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 22

boletin-outubro2-cabecera

¡Ola de novo banqueir@s!

Tés tempo e queres aproveitalo…? Achégate a calquera das reunións do Banco do tempo que se levarán a cabo nas seguintes datas:

LUNS, 27 DE OUTUBRO AS 18:30 H – OFICINA MUNICIPAL DE SAIÁNS

MARTES, 28 DE OUTUBRO AS 18:30 H – OFICINA MUNICIPAL DE CORUXO

MERCORES, 29 DE OUTUBRO AS 19:00 H – OFICINA MUNICIPAL DE TEIS

XOVES, 30 DE OUTUBRO AS 20:00 H – OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO

O obxectivo principal é que vos coñezades e compartades experiencias, ademáis de facer propostas de cara o futuro.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario

de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– INGLES PARA CATIVOS
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– TERTULIAS EN FRANCES

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

EN SAIÁNS ENSINAMOS GANCHILLO E CALCETA

salsa-saians-block-baja

En Saiáns ensinamos Ganchillo e Calceta por Rita Cidre
Os luns de 18:00 a 20:00h a partir do 2 de outubro
PATCHWORK

patchwork-saians

Obradoiro de Patchwork. Impartido por Isabel Cristina Da Silva
Todos os luns de 16:30 a 18:00
CREMAS ARTESANAIS

Cremas-saians

Obradoiro de Cremas Artesanáis. Impartido por Lucia Peixoto
Luns 3 de Novembro de 17:00 a 19:00h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

COCIÑA SINXELA E ECONÓMICA

Cociña-Teis

Obradoiro de Cociña sinxela e económica. Impartido por Iria Fernández
Sábado 8 de Novembro, de 10:00 a 13:00
INFORMATICA


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

HAMA BEADS


salsa-saians-block-baja

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
TERTULIAS EN FRANCES

navegar-casco-news

Obradoiro de Tertulias en francés. Impartido por Ana Mª Yarza
29 de outubro, 4, 12 e 19 de novembro. De 10:00 a 11:30
ECOLOXÍA MENTAL (COACHING)

Ecoloxía-Mental-Casco-Vello-Cartel-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Cándida Fernández
O mércores 28 de outubro de 19:30 a 21:00 h
INFORMATICA


salsa-saians-block-baja

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 010001 ofrece unha cabaza por 1 hora
@ usuari@ 040214 ofrece uvas por horas.
@ usuari@ 020049 ofrece forno microondas ou cocinilla a gas ideal para camping. Troco por 3 horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas
@ usuari@ 040668 ofrece marmelada de ameixa casera a cambio de horas. 3 botes por una hora.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS
@ usuari@ 040538 demanda cascos para móvil.
@ usuari@ 040538 demanda libros de Frederick Forsyth a cambio de horas.
@ usuari@ 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
@ usauri@ 020049 demanda desbrozadora de finca en bo estado. Troco por horas.
@ usuari@ 040607 busca persoa que poida impartirlle prácticas de conducir moto de 125cc. Troco por horas.
@ usuari@ 010053 demanda limpeza para o seu fogar 6 horas ao mes. (3 horas cada 15 días). Troco por horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Uncategorized
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.