17 Jun / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 39

boletin-F-xuño2-cabecera

Ola de novo banqueir@s!

¿Qué tal vai o mes de xuño? Este mes seguimos con moitas ofertas das que disfrutar co voso tempo. Recordáde que o único imposible é o único que non se intenta.

BENVID@S BANQUEIR@S!

O novo banqueir@ @040723 oferta: Coidados da pel e do cabelo e cambios de imaxe Demanda: Clases de iniciacíon a Internet nivel básico.

O novo banqueir@ @020114 oferta: Acompañamento a persoas maiores de idade e persoas cegas,a persoas da terceira idade, axudar a facer a compra e pasear cans. Demanda: Clases de informática.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE TAICHI


Saians-taichi

Ven a relaxarte a Saiáns
Os luns de 10:15 a 11:15 h
OBRADOIRO DE FENG-SHUI


Saians-taichi

Aprende a enfocar as enerxías da túa casa en Saiáns
Os luns de 11:30 a 12:30 h
OBRADOIRO DE GUITARRA


saians-aprendemos-guitarra

En Saiáns apreciamos a boa música.
Os xoves de 19:00 a 20:00 h
OBRADOIRO DE PATCHWORK


saians-aprendemos-patchwork

En saiáns aproveitamos retais e creamos novas pezas.
Os luns de 16:30 a 18:00 h
OBRADOIRO DE AXILIDADE MENTAL


Saians-axilizamos-mente

En Saiáns axilizamos a mente por Sandra Goberna
Os mércores de 10:30 a 11:30 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

INFORMATICA


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE DEBUXO E PORTUGUÉS


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE COCIÑA FÁCIL E SA


cocina-teis-sa

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

FALADOIROS EN FRANCÉS


frances-cascovello

Anímate a coñecer un idioma veciño e novo con nós! Facendo é como se aprende.
Os luns de 20:00 a 21:00 h
INGLÉS PARA CATIVOS


ingles-cativos-cascovello

Traede os máis cativos para que melloren e se familiaricen con idiomas diferentes dende ben pequenos!
Os venres de 17:30 a 19 h
HAMA BEADS


hama-casco-cartel

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 010106 oferta Vestido de sevillana no tamaño 38 por 10 horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040394 oferta clases de saxofón.
@ usuari@ 040144 ofrece servizos online de acompañamiento y entretenimiento: tarot terapéutico no adivinatorio/skype/telefónico/hangouts.
@ usuari@ 040144 ofrece envio/recepción de faxes, mails, escandeados, fotocopias, mecanografiado de textos e traducciones breves de alemán.
@ usuari@ 030151 ofrece ensinar a repujar coiro a cambio de horas ou que lle ensinen a utilizar o ábaco.
@ usuari@ 030151 ofrece ensinar a facer cremas naturais a cambio de horas ou que lle ensinen a utilizar o ábaco.
@ usuari@ 040144 ofrece bote de 30 mililitros de flores de bach por tres horas.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
@ usuari@ 030149 ofrece ovos e biscoitos caseiros por horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 010106 demanda unha bicicleta sin pedales para nena de dous anos cambio de horas.
@ usuari@ 010106 demanda Unha bicicleta para adulto a cambio de horas.
@ usuari@ 010106 demanda Unha persoa para facer un disfraz.
@ usuari@ 040538 demanda guitarra,libros para aprender a tocar a guitarra,material de debuxo en xeral e libros en xeral por horas.
@ usuari@ 040179 demanda unha persoa con coñecementos para navegar en vela lixeira.
@ usuari@ 040538 demanda smartphone de Orange ou liberado a cambio de horas.
@ usuari@ 040166 demanda calendarios de peto (que estén en boas condicións) a cambio de horas.
@ usuari@ 040425 demanda unha muller que lle ensine a facer pequenos arranxos de bricolaxe a cambio de horas.
@ usuari@ 040341 demanda antigüidades e traxes rexionais galegos.
@ usuari@ 040342 demanda unha persoa para elaborar unha páxina web.
@ usuari@ 030151 demanda peluquera a domicilio.
@ usuari@ 040081 demanda un antenista a cambio de horas.
@ usuari@ 020018 demanda unha persoa que saiba arranxar xoias e bisutería.
@ usuari@ 020018 demanda unha persoa que ganchille por encargo.
@ usuari@ 020018 demanda un ordenador a cambio de horas.
@ usuari@ 040171 demanda unha persoa que saiba coser para arranxar roupa
@ usuari@ 040171 demanda unha persoa que lle ensine a colgar anuncios en internet.
@ usuari@ 030149 demanda unha persoa que lle ensine a facer xabóns e cremas naturais a cambio de horas ou dun biscoito caseiro.
@ usuari@ 030149 demanda unha persoa que lle ensine a facer bainicas a cambio de horas ou ovos caseiros.
@ usuari@ 040352 demanda unha persoa gobernanta de hotel que lle poida dar clases.
@ usuari@ 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
@ usauri@ 020049 demanda desbrozadora de finca en bo estado. Troco por horas.
@ usuari@ 040607 busca persoa que poida impartirlle prácticas de conducir moto de 125cc. Troco por horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Uncategorized
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.