12 Apr / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 79

Boletin-F-Abril-2-news

¡Ola de novo banqueir@s! Que tal estas semaniñas de calor? Nós, no Banco do Tempo xa estamos a pensar no troco de Coruxo, empezade a pensar as cousiñas que podedes trocar.

BENVID@S BANQUEIR@S!

O novo banqueir@ @040780 demanda: Electricista e carpinteiro. Oferta: Poñer inxectables e facer curas.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE TAICHI


saians-calceta-ganchillo

En saiáns prácticamos o equilibrio entre a mente e o corpo.
Os mércores de 10:30 a 11:30 h
OBRADOIRO DE FOTOGRAFIA


Foto-saians-formando

OS LUNS DE 16:30 A 18:00 HORAS
OBRADOIRO DE CORTE E CONFECCIÓN


costura-saians-formando

Os xoves de 17:30 a 19:30h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO TEÓRICO – PRÁCTICO DE MEDITACIÓN E AUTOCOÑECEMENTO


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


croquetas-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO CLUBE DE LECTURA EN FRANCÉS


frances-casco-vello

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO: COCIÑA


cocina-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– Aprendemos electricidade básica.
– Coaching sobre o medo.

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040768 oferta camisas de home talla L e XL.
@ usuari@ 040768 oferta abrigos e camisasde muller tamaño 44/46 e zapatos e botas de muller talla 37.
@ usuari@ 030172 oferta esqueixes por horas.
@ usuari@ 030158 oferta limóns por horas.
@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040394 oferta clases de saxofón.
@ usuari@ 040144 ofrece servizos online de acompañamiento y entretenimiento: tarot terapéutico no adivinatorio/skype/telefónico/hangouts.
@ usuari@ 040144 ofrece envio/recepción de faxes, mails, escandeados, fotocopias, mecanografiado de textos e traducciones breves de alemán.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
@ usuari@ 020116 demando unha profesora de francés.
@ usuari@ 040768 demando unha televisión pequena para a cociña.
@ usuari@ 010126 demando un técnico que repare un lector nunha minicadena.
@ usuari@ 040322 demando unha camilla para masaxes a cambio de horas.
@ usuari@ 010106 demando un aparello industrial ou profesional de aire acondicionado e calefación, estufas e calefatores.
@ usuari@ 040654 demando alfombra de salón de 2 x 1,35 a cambio de horas.
@ usuari@ 020093 demando vestido de noiva talla 48 a cambio de horas.
@ usuari@ 040127 demando libros: “Mosaic (2º de ESO) Students Books”. AA.VV, “Parachute (2º de ESO) Livre de Eleve”.AA.VV, “Parachute (2 º de ESO) Cahier de Exercices”AA.VV, “Mosaic (2º ESO) Workbook”AA.VV.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es

By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.