25 May / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 82

¡Ola de novo banqueir@s! Tedes todo preparado para trocar? O venres 16 de Xuño esperámosvos na OMD de Coruxo, recorda que o que para ti xa non ten valor, para outra persoa pode ser un auténtico tesouro.
BENVID@S BANQUEIR@S!
O novo banqueir@ @040781 demanda: Clases de ioga e práticas de conducir. Oferta: Axuda escolar eb inglés para nenos/as, adolescentes e adultos, clases de conversa en inglés e sesión de coaching en castelán e inglés.
Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!
Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.
Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …
Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.
As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.
Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.
Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.
ACTIVIDADES
A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.
Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es
OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS
OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO
OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS
¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?
– Aprendemos electricidade básica.
– Coaching sobre o medo.
SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es
ANUNCIOS
BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.
BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.
Sorry, the comment form is closed at this time.