20 Jun / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 84

Boletin-F-julio-1-news

¡Ola de novo banqueir@s! Esta semana xa comezamos o verán, asique a disfrutar das paisaxes tan fermosas que temos na nosa cidade. Nós os ensinamos ás actividades que temos durante esta quincena.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE TAICHI


saians-calceta-ganchillo

En saiáns prácticamos o equilibrio entre a mente e o corpo.
Os mércores de 10:30 a 11:30 h
OBRADOIRO DE FOTOGRAFIA


Foto-saians-formando

OS LUNS DE 16:30 A 18:00 HORAS
OBRADOIRO DE CORTE E CONFECCIÓN


costura-saians-formando

Os xoves de 17:30 a 19:30h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE NOVAS UTILIDADES NO ANDROID


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE APRENDER UN IDIOMA SEN ESTRESARSE


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE DOGECOIN


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO TEÓRICO – PRÁCTICO DE MEDITACIÓN E AUTOCOÑECEMENTO


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


croquetas-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO CLUBE DE LECTURA EN FRANCÉS


frances-casco-vello

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– Aprendemos electricidade básica.
– Coaching sobre o medo.

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040775 clases de inglés por horas.
@ usuari@ 040748 oferta unha cama articulada por horas.
@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040768 oferta camisas de home talla L e XL.
@ usuari@ 040768 oferta abrigos e camisas de muller tamaño 44/46 e zapatos e botas de muller talla 37.
@ usuari@ 030172 oferta esqueixes por horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040133 demando unha neveira.
@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
@ usuari@ 020116 demando unha profesora de francés.
@ usuari@ 040768 demando unha televisión pequena para a cociña.
@ usuari@ 010126 demando un técnico que repare un lector nunha minicadena.
@ usuari@ 040322 demando unha camilla para masaxes a cambio de horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es

By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.