31 Aug / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 85

Boletin-F-septiembre-1-news

¡Ola de novo banqueir@s! Xa estamos de volta, como pasa o tempo ¿verdade? Fai uns días que comezábamos o verán e casi xa esta rematando. Nós convidámosvos a participar nos seguintes obradoiros:

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE NOVAS UTILIDADES NO ANDROID


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE APRENDER UN IDIOMA SEN ESTRESARSE


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE DOGECOIN


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


croquetas-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– Taichi
– Coaching sobre o medo.

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040748 oferta plantas medicinais por horas.
@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040775 clases de inglés por horas.
@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040768 oferta camisas de home talla L e XL.
@ usuari@ 040768 oferta abrigos e camisas de muller tamaño 44/46 e zapatos e botas de muller talla 37.
@ usuari@ 030172 oferta esqueixes por horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040004 demando libros de Martín Códax, que ofrecía a oficina de turismo.
@ usuari@ 040133 demando unha neveira.
@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
@ usuari@ 020116 demando unha profesora de francés.
@ usuari@ 040768 demando unha televisión pequena para a cociña.
@ usuari@ 010126 demando un técnico que repare un lector nunha minicadena.
@ usuari@ 040322 demando unha camilla para masaxes a cambio de horas.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.