05 Feb / BOLETÍN INFORMATIVO MES DE FEBREIRO

Boletin-Datas-Febreiro-News

Ola a todas as persoas que formades o Banco de Tempo Municipal de Vigo, convidámosvos a que visitedes a web e comprobedes todas as actividades grupais que están vixentes. Algunhas pendentes de formar grupo, outras xa con persoas inscritas, e outras repítense polo éxito da primeira convocatoria.

Queremos agradecer a todas as persoas banqueir@s que esta última semana acudistes ás reunións mensuais. Iván compartiu con nós a súa experiencia como actor, Manuel é o noso experto en plantas e contounos unha anécdota histórica, Ruth explícanos a ruta que fixeron por Saiáns e que quedou con moitas ganas de repetir, de feito o próximo día 16 de Febreiro é a próxima. Lina ensínanos a pintar cristal e encantaríalle facer faladoiros en Francés, a nosa coleccionista favorita Carmen cóntanos que empezou de nena a gardar os calendarios que atopaba na casa da súa tía e agora sale en programas de televisión. Loli a máis viaxeira e coa que proximamente faremos un faladoiro onde poderemos preguntarlle moitas curiosidades e tips de viaxes económicos e de todos os lugares do mundo que visitou. Tamén estivo Mª Jesús que se algún día necesitades unha deliciosa sobremesa só tedes que pagarlle un par de horas e éxito asegurado, Loli véndenos produtos da horta e froitos de tempada e dinos que precisa de alguén que lle axude a podar as súas árbores. Ana Mª facía tempo que non nos visitaba pero veu con moitas ganas de compartir e está encantada coa idea de participar nos faladoiros. Tamén temos novos membrxs, Castillo ensínanos procedementos de seguridade en educación viaria e nos fogares, descubrimos a Mariela que xa nos endulzou no Troco Navideño coas súas tartas, o bo gusto na súa decoración deixounos sen palabras, coñecimos a Virginia asesora de imaxe, maquilladora, ademais de querer compartir como facer cosmética con produtos naturais, unha persoa moi participativa, e como non Óscar sempre disposto a colaborar en todas as actividades.

O Banco vai vento en popa!!

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE NOVAS UTILIDADES NO ANDROID


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE APRENDER UN IDIOMA SEN ESTRESARSE


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


croquetas-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE TÉCNICAS TEATRALES


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE SAIÁNS

OBRADOIRO DE CORTE E CONFECCIÓN


costura-saians-formando

Os mércores de 17:30 a 19:30 h.
OBRADOIRO DE TÉCNICAS TEATRALES


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE POESÍA DE AUTOR


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: INFORMÁTICA PARA PRINCIPIANTES


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: MELLORAMOS A NOSA IMAXE PERSOAL E MAQUILLAXE


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040748 oferta plantas medicinais por horas.
@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040775 clases de inglés por horas.
@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040133 demando unha neveira.
@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
@ usuari@ 020116 demando unha profesora de francés.
@ usuari@ 040768 demando unha televisión pequena para a cociña.
@ usuari@ 010126 demando un técnico que repare un lector nunha minicadena.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.