texto-banco

Sin título-2

No Banco do Tempo cremos que o máis importante que temos os humanos é o noso tempo, por iso o “crédito de tempo” é o noso tipo de moeda.

Independentemente do servizo que prestes ou recibas, unha hora investida en axudar a alguén che proporcionará unha hora de crédito, xa que todas as habilidades teñen o mesmo valor. Os teus créditos de tempo serán depositados no Banco do Tempo e poderás sacalos en calquera momento e gastalos nun gran rango de servizos e oportunidades ofrecidas polo resto da comunidade de usuari@s.

texto-gustouche

Se es maior de idade e estás queres unirte ao Banco do Tempo do Concello de Vigo o primeiro e fundamental é ter moitas ganas (se estás lendo isto seguramente xa as teñas). Utiliza o noso formulario de preinscripción ou diríxete ao teu Centro Cívico Municipal máis próximo, alí os nosos compañeiros e compañeiras estarán encantados de axudarte no teu proceso de inscrición. Recorda levar o teu DNI, e nuns minutos darémoste de alta.

Os cativos e cativas menores de idade poden beneficiarse das horas que as persoas adultas teñen acumuladas na súa conta.

Preinscríbete