Blog

19 Feb / BOLETÍN QUINCENAL 04

cabecera-boletin-04 copia

Queridos usuari@s, continuamos difundindo este boletín informativo quincenal para faceros partícipes e coñecedores das últimas noticias sobre o Banco do Tempo Municipal de Vigo.

Informámosvos de que a próxima semana se levarán a cabo as reunións mensuais e que os usuari@s que asistan obterán unha hora para gastar no servizo que precise.

Incidimos na importancia de acudir ás reunións mensuais para coñecernos máis entre todos e facer do banco do tempo un lugar próximo no que poder compartir o máis valioso de cada un de nós, o noso tempo.

  • SAIÁNS O luns 24 de febreiro de 18:30 a 19:30
  • CORUXO O martes 25 de febreiro de 18:30 a 19:30
  • TEIS O mércores 26 de febreiro de 19:00 a 20:00
  • CASCO VELLO O xoves 27 de febreiro de 20:00 a 21:00

Como vos vimos anunciando, o Banco do Tempo xerou pequenos cambios: Na páxina web do Banco do Tempo hai un novo apartado de suxestións onde podedes expresarvos abertamente. Ir a Suxestións

Se queres manterte informad@ de cal é a situación actual do Banco do Tempo, animámosvos a seguilo nas redes sociais. Dalle click a “Me Gusta” na nosa Páxina de Facebook e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no noso Perfil de Twitter

Como ben sabedes, o equipo xestor do Banco do Tempo xunto cos usuari@s, organiza actividades grupais de dinamización que se levan a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. As actividades que se están a levar a cabo e que se levarán próximamente son as seguintes.

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns de 16:45 a 18:15 h
TAICHI

taichi-saians-block-baja

Empeza mellor a mañá practicando Taichi. Lembra traer esteira, roupa cómoda e tenis ou calcetíns antideslizantes. As prazas son limitadas
Os martes de 10:15 a 11:15 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h
INFORMÁTICA

informatica-saians-news

Office para Windows e Mac. Impartido por Ricardo R. Balseiro
Os xoves 20 de febreiro de 17:30 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

HABILIDADES PARENTAIS

parentais-casco-news

Obradoiro de Habilidades Parentais. Impartido por Eugenia Correa
O xoves 20 de febreiro de 19:00 a 21:15 h
DEBUXO IMAXINARIO E PORTUGUÉS

imaxinario-casco-news

Aprende a debuxar coa posibilidade de practicar portugués. Impartido por Jose Eduino Oliveira
Os mércores 19 e 26 de 19:30 a 21:00 h
SALSA E BACHATA

salsa-casco-news

Obradoiro de Salsa de Bachata. Impartido por Jose Jackson
O xoves 20 de febreiro de 19:00 a 20:30 h
MAQUILLAXE DE ENTROIDO

maquillaje-casco-news

Obradoiro de Maquillaxe de Entroido. Impartido por Marta Blanco
O luns 24 de febreiro de 19:30 a 21:15 h
NAVEGAR POLO BDT

navegar-casco-news

OBRADOIRO: ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO? Por Miguel García
Proximamente

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

COCIÑA SINXELA E ECONÓMICA

cocina-teis-news

Obradoiro: Cociña sinxela e económica II. Impartido por Iria F. Mouriz
O sábado 1 de marzo de 10:00 a 13:00 h

ANUNCIOS

TROCOS
usuari@ 030093 troca unha bicicleta estática en estado impecable por horas ou por un teléfono móbil 3G liberado.
usuari@ 020054 troca un tv e un TDT por horas
OFERTAS
usuari@ 040535 ofrece unha praza nun obradoiro de calceta que impartirá no seu comercio “Alma Artesá”, situado fronte á Igrexa da Colexiata os venres de 20:30 -22 h. O curso finalizará en abril e a persoa que se anote pagará 6 horas o mes a través de chequera xa que se tratará dun intercambio de membro a membro.
A persoa interesada deberá contactar con Patricia a través de correo electrónico almartesana@hotmail.es.
DEMANDAS
usuari@ 040244 solicita unha persoa que arranxe unha panificadora da Moulinex.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.