Blog

28 Feb / Boletín quincenal #05 – DO 3 A 16 DE MARZO

boletin-TOP

Queridos usuari@s, agrádanos mantervos informad@s acerca de todas as novas relativas o Banco do Tempo Municipal de Vigo.

Xa estamos a traballar na organización do Mercado do troco que se levará a cabo o próximo venres, 21 de marzo de 17:00 a 20:00 h na Oficina Municipal de Distrito Saiáns.

As persoas que queirades levar a Oficina Municipal de Saiáns os obxectos a trocar, debédelo de facer esa mesma semana, dende o día 17 ata o día 20 (ambos os dous incluídos).
Se se trata de produtos da horta ou feitos na casa, poderédelo levar ese mesmo día para que se manteñan frescos. Así mesmo, tedes que poñervos en contacto coa a Oficina Municipal de Saiáns (986 498 657 ou camsaians@vigo.org) para indicar os produtos frescos a trocar.
A finalidade é ter preparado o espazo co seu correspondente cartel.

Se queres manterte informad@ de cal é a situación actual do Banco do Tempo, animámosvos a seguilo nas redes sociais. Dalle click a “Me Gusta” na nosa Páxina de Facebook e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no noso Perfil de Twitter

Como ben sabedes, o equipo xestor do Banco do Tempo xunto cos usuari@s, organiza actividades grupais de dinamización que se levan a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. As actividades que se están a levar a cabo e que se levarán próximamente son as seguintes.

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns de 16:45 a 18:15 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

HABILIDADES PARENTAIS

parentais-casco-news

Obradoiro de Habilidades Parentais. Impartido por Eugenia Correa
Venres, 14 de marzo de 10:00 a 12:00 h
NAVEGAR POLO BDT

navegar-casco-news

OBRADOIRO: ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO? Por Miguel García
Proximamente
INFORMÁTICA

navegar-casco-news

Office para Windows e Mac. Impartido por Ricardo R. Balseiro
(Non é necesario levar ordenador portátil) É necesario levar un pen drive
Os mércores 5 e 19 de marzo de 11:00 a 12:30 h e de 18:00 a 19:30 h
PENSAMENTO POSITIVO

positivo-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h
HATHA IOGA E MEDITACIÓN

navegar-casco-news

Obradoiro de Hatha Ioga e Meditación. Non esquezades traer roupa cómoda, esteira e manta
6, 13 e 20 de marzo, 3, 11 e 25 de abril e 2 de maio de 20:00 a 21:15 h
IOGA E RELAXACIÓN

navegar-casco-news

Obradoiro de Ioga e Relaxación. Impartido por Camino Brime
Os Xoves de 17:30 a 19:30
CLUB DE LECTURA

navegar-casco-news

Club de Lectura
O 2º e 4º Xoves de cada mes
DEBUXO IMAXINARIO E PORTUGUÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: DEBUXO IMAXINARIO E PORTUGUÉS. Por José Eduino Oliveira
Os mércores 5, 12 e 19 de marzo de 19:30 a 21:00 h e o xoves 27 de marzo de 18:00 a 19:30 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

COCIÑA SINXELA E ECONÓMICA

cocina-teis-news

Obradoiro: Cociña sinxela e económica II. Impartido por Iria F. Mouriz
O sábado 1 de marzo de 10:00 a 13:00 h
INFORMÁTICA

cocina-teis-news

Office para Windows e Mac. Impartido por Ricardo R. Balseiro
(Non é necesario levar ordenador portátil) É necesario levar un pen drive
O mércores 12 e 26 de marzo de 11:30 a 13:00 e de 18:00 a 19:30

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040014 vos invita a todas as persoas do Banco do Tempo a participar na visita guiada á exposición Corintia, da artista Elena Lapeña, en la Fundación Laxeiro, o próximo luns día 3 de marzo ás 19:00 h.
@ usuari@ 040535 ofrece unha praza nun obradoiro de calceta que impartirá no seu comercio “Alma Artesá”, situado fronte á Igrexa da Colexiata os venres de 20:30 -22 h. O curso finalizará en abril e a persoa que se anote pagará 6 horas o mes a través de chequera xa que se trata dun intercambio de membro a membro.
A persoa interesada deberá contactar con Patricia a través de correo electrónico almartesana@hotmail.es.
DEMANDAS
@ usuari@ 010053 busca un técnico que lle repare o seu DVD. As películas vense en cor verde.
@ usuari@ 040432 precisa dun xardineiro para podar un olivo.
@ usuari@ 020054 demanda TV e TDT a cambio de horas. Os interesados chamar ao nº de teléfono 615.287.624
@ usuari@ 040244 solicita unha persoa que arranxe unha panificadora da Moulinex
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.