Blog

24 Apr / BOLETÍN DO 28 DE ABRIL AO 11 DE MAIO

boletin-F-maio copia

Xa estamos aquí para compartir con tod@s vós as actividades de dinamización levadas a cabo no Banco do Tempo Municipal de Vigo.

Non debemos esquecer que a verdadeira filosofía do Banco do Tempo son os intercambios de usuari@ a usuari@, aínda que ofrécese a posibilidade de realizar actividades en grupo para xerar confianza e mellorar o ámbito social que formamos entre tod@s.

Queremos estar presentes nas redes sociais, para que non perdades detalle, e para que lle saquedes o máximo partido a esta gran iniciativa social publicando os vosos anuncios.

Dalle click a “Me Gusta” no seguinte enlace Facebook do Banco do Tempo e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no Twitter do Banco do Tempo.

Aínda que este mes xa nos reunimos na Oficina Municipal de Casco Vello, quédannos pendentes as reunións nas demais Oficinas Municipais de Distrito:

O luns, 28 de abril as 18:30 h – Oficina Municipal de Saiáns
O martes, 29 de abril as 18:30 h – Oficina Municipal de Coruxo
O mércores, 30 de abril as 19:00 h – Oficina Municipal de Teis

Non vos esquecer da importancia de acudir as reunións mensuais, pois o Banco do Tempo funciona na medida en que vós, os usuari@s, o dinamicedes ofrecendo o máis valioso de cada un de vós, o voso tempo… ademáis, soamente por asistir, disporás dunha hora máis na túa conta para gastala nun gran rango de bens, coñecementos ou servizos

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns de 16:45 a 18:15 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
HATHA IOGA

labores-saians-news

OBRADOIRO: HATHA IOGA (RESPIRACIÓN, MEDITACIÓN, POSTURAS CORPORAIS) Por Lidia Marín Cuervo
Os luns e mércores de 11:00 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

CLUB DE LECTURA

navegar-casco-news

Club de Lectura
O 2º e 4º Xoves de cada mes
HATHA IOGA E MEDITACIÓN

navegar-casco-news

Obradoiro de Hatha Ioga e Meditación.
Non esquezades traer roupa cómoda, esteira e manta
O venres 2 de maio de 20:00 a 21:15h
OBRADOIRO DE INGLÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: INGLÉS. Por Cristina López.
Os martes 29 de abril e 2 de maio de 20:00 a 21:15 h
TERTULIAS EN FRANCÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: TERTULIAS EN FRANCÉS. Por Rocío Valverde.
O xoves 24 de abril de 18:30 a 20:00 h
HABILIDADES PARENTAIS

parentais-casco-news

Obradoiro de Habilidades Parentais. Impartido por Eugenia Correa
O luns 28 de abril de 10:00 a 12:00 h
IOGA FACIAL

navegar-casco-news

OBRADOIRO: IOGA FACIAL. Por Carolina Martínez.
O luns 28 de abril de 19:00 a 20:00 h
REEDUCACIÓN POSTURAL PARA MELLORAR E EVITAR DOLORES MUSCULARES

navegar-casco-news

OBRADOIRO: REEDUCACIÓN POSTURAL PARA MELLORAR E EVITAR DOLORES MUSCULARES. Por Carolina Martínez.
O mércores 30 de abril de 17:30 a 18:30 h
DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS

imaxinario-casco-news

OBRADOIRO: DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS. Por José Eduino Sarmento
O luns 5 de maio de 17:30 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

OBRADOIRO DE COCIÑA CRUDIVEGANA E VEGANA

Vegano-teis-news

OBRADOIRO DE COCIÑA CRUDIVEGANA E VEGANA. Por Carolina Martínez
O mércores 7 de maio de 17:00 a 20:00 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040622 troca o kg de laranxa por unha hora
@ usuari@ 040214 ofrece ovos caseiros por 2 horas a ducia.
@ usuari@ 040076 ofrece fíos de bordar de varios cabos a cambio de horas
DEMANDAS
@ usuari@ 040046 demanda unha tv por horas
@ usuari@ 040076 demanda un berce de bebé por horas
@ usuari@ 030011 demanda mesas e sillas de plástico para xardín
@ usuari@ 040335 precisa unha persoa que sepa transformar unha bici normal en eléctrica. Troco por horas.

By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.