Blog

08 May / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 10

boletin-10 quinquena news copia

Xa estamos aquí unha quincena máis para compartir con tod@s vós as noticias relativas ao Banco do Tempo Municipal de Vigo.

Recorda que algo está cambiando no concello de Vigo e que unha habilidade compartida convértese nun crédito de tempo para a persoa que realiza a demanda. A verdadeira riqueza deste entorno social, é o seu “capital humano”.
Cada un de nós podemos ser unha peza clave no municipio. Ti podes aportar o que outra persoa precisa e podes recibir aquilo que necesitas.

Queremos estar presentes nas redes sociais, para que non perdades detalle, e para que lle saquedes o máximo partido a esta gran iniciativa social publicando os vosos anuncios.

Dalle click a “Me Gusta” no seguinte enlace Facebook do Banco do Tempo e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no Twitter do Banco do Tempo.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– IOGA E RELAXACIÓN
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?

SE ESTAS INTERESADO, INSCRÍBETE NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO 986 226 841 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns de 16:45 a 18:15 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
HATHA IOGA

labores-saians-news

OBRADOIRO: HATHA IOGA (RESPIRACIÓN, MEDITACIÓN, POSTURAS CORPORAIS) Por Lidia Marín Cuervo
Os luns e mércores de 11:00 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE INGLÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: INGLÉS. Por Cristina López.
Os martes 29 de abril e 2 de maio de 20:00 a 21:15 h
TERTULIAS EN FRANCÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: TERTULIAS EN FRANCÉS. Por Rocío Valverde.
O xoves 24 de abril de 18:30 a 20:00 h
OBRADOIRO DE LECTURA INFANTIL

l¡Lectura-casco-news-copia

OBRADOIRO DE LECTURA INFANTIL. Por Iria F. Mouriz
O luns, 12 de maio de 18:00 a 19:00 h
OBRADOIRO DE APLICACIONES PARA “ANDROID”

Android-casco-news1

OBRADOIRO DE APLICACIONES PARA “ANDROID”. Por Ricardo R. Balseiro
O venres, 16 de maio de 18:00 a 19:30 h
PENSAMENTO POSITIVO

positivo-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h
DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS

imaxinario-casco-news

OBRADOIRO: DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS. Por José Eduino Sarmento
O xoves 15 de maio de 18:30 a 20:00 h e o venres, 23 de maio de 19:30 a 21:00 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuario 040544 oferta todo tipo de limpezas: cristales, vehículos, …
@ usuari@ 040622 troca o kg de laranxa por unha hora
@ usuari@ 040214 ofrece ovos caseiros por 2 horas a ducia.
@ usuari@ 040076 ofrece fíos de bordar de varios cabos a cambio de horas
DEMANDAS
@ usuari@ 030093 demanda roupa para enviar a África de calquera talle. Para homes, mulleres e nen@s. Troco por horas.
@ usuari@ 030057 demanda mel e laranxas a cambio de horas
@ usuari@ 010090 demanda pintor para pintar unha habitación. Troco por horas
@ usuari@ 040076 demanda un berce de bebé por horas
@ usuari@ 030011 demanda mesas e sillas de plástico para xardín

By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.