Blog

21 May / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 11

boletin-F-news-maio2

Xa estamos aquí unha quincena máis para compartir con tod@s vós as noticias relativas ao Banco do Tempo Municipal de Vigo.

Participa e dinamiza esta iniciativa e aproveita para fomentar a túa capacidade de cooperación e traballo en equipo mentres axudas a outras persoas.

É unha maneira de potenciar as relacións humanas e tamén a mellor forma de compartir coñecementos. Non esquezades que a verdadeira riqueza dun entorno social é o seu capital humano.

No Banco do Tempo Municipal de Vigo traballamos por ter a nosa base de datos actualizada, por iso vos pedimos que nos comuniquedes calquera cambio na seguinte dirección de correo electrónico: vigo@bancodotempo.es
ou en calquera das Oficinas Municipais de Distrito.

Tamén incidimos na importancia que ten acudir ás reunións mensuais, xa que a reciprocidade aumenta a confianza entre @s usuari@s.

Ademais, por asistir ás reunións poderás dispor dunha hora de crédito para gastar nunha gran oferta de bens, coñecementos e servizos.

Este mes de maio, levaranse a cabo os días:

– Luns, 26 de maio ás 18:30 h – Oficina Municipal de Saiáns
– Martes, 27 de maio ás 18:30 h – Oficina Municipal de Coruxo
– Mércores, 28 de maio ás 19:00 h – Oficina Municipal de Teis
– Xoves, 29 de maio ás 20:00 h – Oficina Municipal de Casco Vello

Queremos estar presentes nas redes sociais, para que non perdades detalle, e para que lle saquedes o máximo partido a esta gran iniciativa social publicando os vosos anuncios.

Dalle click a “Me Gusta” no seguinte enlace Facebook do Banco do Tempo e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no Twitter do Banco do Tempo.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ECOLOXÍA MENTAL (coaching)
– COMO FACER FLORES DE PAPEL E DE TELA
– PINTURA EN CRISTAL
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– IOGA E RELAXACIÓN

SE ESTAS INTERESADO, INSCRÍBETE NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO 986 226 841 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

LABORES

labores-saians-news

Aprende todo tipo de labor de trapillo, gancho, bordados, palillos, encaixe… Imparte Cristina Da Silva e Rita Cidre.
Os luns ás 17:00 h e os mércores ás 17:30 h
FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
HATHA IOGA

labores-saians-news

OBRADOIRO: HATHA IOGA (RESPIRACIÓN, MEDITACIÓN, POSTURAS CORPORAIS) Por Lidia Marín Cuervo
Os luns de 11:00 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h
PILATES

Pilates-saians-news

OBRADOIRO: PILATES. Por Ernesto Vázquez
Os martes e xoves de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE INGLÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: INGLÉS. Por Cristina López.
Os martes de 20:00 a 21:15 h
PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h
DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS

imaxinario-casco-news

OBRADOIRO: DEBUXO CREATIVO COA POSIBILIDADE DE PRACTICAR PORTUGUÉS. Por José Eduino Sarmento
O luns, 26 de maio de 17:30 a 19:00 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuario 040544 oferta todo tipo de limpezas: cristales, vehículos, …
@ usuari@ 040622 troca o kg de laranxa por unha hora
@ usuari@ 040214 ofrece ovos caseiros por 2 horas a ducia.
@ usuari@ 040076 ofrece fíos de bordar de varios cabos a cambio de horas
DEMANDAS
@ usuari@ 040378 demanda un home con voz profunda que fale inglés para facer o “off” dunha película. Troco en horas.
Alumn@s de “Tertulias en Francés” demandan persoa que sepa o idioma para impartir clase os mércores de 10:00 a 11:30 h na Oficina Municipal de Casco Vello
@ usuari@ 040450 demanda un desaparafusador ovalado pequeno. Troco en horas.
@ usuari@ 030093 demanda roupa para enviar a África de calquera talle. Para homes, mulleres e nen@s. Troco en horas.
@ usuari@ 040538 demanda roda traseira para bici e mecánico de bicis por horas.
@ usuari@ 040538 demanda tenda de campaña por horas
@ usuari@ 040538 demanda axuda con photoshop
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.