Blog

02 Jul / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 14

boletin-Xullo-Cabecera

¡Converte o teu tempo nunha ferramenta de pago para compartir! Gaña tempo e reputación axudando a outras persoas que o precisan e recupera os valores da cidadanía.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación Aplicación Banco do Tempo e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

Dalle click a “Me Gusta” no seguinte enlace Facebook do Banco do Tempo e estarás informad@ das últimas novas. Se eres máis de twitter, podes seguernos no Twitter do Banco do Tempo.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ECOLOXÍA MENTAL (coaching)
– COMO FACER FLORES DE PAPEL E DE TELA
– PINTURA EN CRISTAL
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– IOGA E RELAXACIÓN

SE ESTAS INTERESADO, INSCRÍBETE NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO 986 226 841 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 decembro de protección de datos de carácter persoal vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscripción do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e á situación do ficheiro de datos.

As novas fichas de inscrición estarán a disposición dos usuarios que desexen asinar as novas cláusulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que outorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto dás modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.


OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

FENG SHUI

feng-saians-block-baja

Se queres descubrir o Feng Shui. Bule! As prazas son limitadas
Os martes de 11:30 a 12:30 h
INGLÉS PARA NEN@S

ingles-nenos-saians-block-baja

Inglés básico para os máis cativos (de 5 a 12 anos)
Os xoves de 17:30 a 18:30 h
INGLÉS PARA ADULT@S

ingles-saians-block-baja

Se queres aprender Inglés ou queres mellorar, apúntate right now!
Os xoves de 18:30 a 20:00 h
BAILES LATINOS: SALSA, BACHATA, MERENGUE…

salsa-saians-block-baja

Dalle un pouco de sabrosura a vida! Ven e aprende a bailar divertíndote
Os venres de 18:00 a 19:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE INGLÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: INGLÉS. Por Cristina López.
Os martes de 20:00 a 21:15 h
TERTULIAS EN FRANCÉS

navegar-casco-news

OBRADOIRO: TERTULIAS EN FRANCÉS. Por Ana Mª Yarza
Os mércores de 10:00 a 11:30 h
PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O último martes de cada mes de 19:00 a 20:30 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040660 oferta animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación … a cambio de horas.
@ usuari@ 040004 oferta visita guiada ao Museo Liste o día 15 de xullo de 16:45 a 19:00 horas. Inscripción no Casco Vello 986226841.
Terá un custo de 3 € en concepto de entrada ao museo con carácter xeral, 1€ para parados e xubilados. Levarase a cabo no caso de que se forme un grupo de 10 persoas ou máis.
@ usuari@ 040214 ofrece roupa de bebé de 0 a 6 anos unisex a cambio de horas.
@ usuari@ 010027 oferta realizar manicuras. Troco por horas.
@ usuari@ 040544 oferta todo tipo de limpezas: cristales, vehículos, …
DEMANDAS
@ usuari@ 040078 solicita persoa que a ensine a editar vídeo a cambio de horas.
@ usuari@ 040538 solicita un móvil smartphone android Orange ou liberado a cambio de horas
@ usuari@ 040538 solicita rato para ordenador a cambio de horas
@ usuari@ 030104 demanda roupa de neno de entre 10 e 12 anos. Troco por horas.
@ usuari@ 020018 demanda un ordenador en uso. Troco por horas.
@ usuari@ 030093 demanda libros de artesanía, en especial de traxes rexionais. Troco por horas.
@ usuari@ 040561 troca cadena de 2 metros de longo ou máis e un cadeado por horas.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.