Blog

25 Sep / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 20

boletin-setembro2-cabecera

¡Ola de novo banqueir@s!

Coa chegada do outono o Banco do Tempo celebra o seu troco, deixa os teus cartos e achégate ó noso mercado.

Anunciamos as reunións mensuais e nada máis e nada menos que o Mercado de Troco.

As reunións levaranse a cabo nas seguintes datas:

LUNS, 29 DE SETEMBRO AS 18:30 H – OFICINA MUNICIPAL DE SAIÁNS
MARTES, 30 DE SETEMBRO AS 18:30 H – OFICINA MUNICIPAL DE CORUXO

O obxectivo principal é que vos coñezades e compartades experiencias, ademáis de facer propostas de cara o futuro.

O MERCADO DO TROCO LEVARASE A CABO NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO O VENRES, 3 DE OUTUBRO DE 18:00 A 21:00 H .

troco-casco-fb-new

Este mercado reinventado, ofrece centos de obxectos para que troquedes, dende roupa, produtos da horta, pasando por elementos decorativos, pequenos electrodomésticos e todo
o que vos poidades imaxinar…

Trátase dun sistema semi altruísta recíproco, que formou parte da cultura popular dos pobos ao longo da historia.

Nós queremos reinventar ese sistema, ofrecendo unha visión actualizada e funcional desta moeda que foi desaparecendo.

No Banco do Tempo Municipal de Vigo queremos compartir experiencias, vivencias e soños que noutros modelos económicos están vetados para gran parte da poboación.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en Facebook do Banco do Tempo e Twitter do Banco do Tempo e estarás ao día de todo o que está a acontecer..

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación Aplicación Banco do Tempo e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– HAMA BEADS (MANUALIDADES)
– HABILIDADES PARENTAIS
– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE NA OFICINA MUNICIPAL DE CASCO VELLO NO TELÉFONO 986 226 841 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es


OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

EN SAIÁNS ENSINAMOS GANCHILLO E CALCETA

salsa-saians-block-baja

En Saiáns ensinamos Ganchillo e Calceta por Rita Cidre
Os xoves de 18:00 a 20:00h a partir do 2 de outubro

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O 2º martes de cada mes de 19:30 a 21:15 h
ECOLOXÍA MENTAL (COACHING)

Ecoloxía-Mental-Casco-Vello-Cartel-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Cándida Fernández
O mércores 8 de outubro de 19:30 a 21:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO TEIS

PENSAMENTO POSITIVO

navegar-casco-news

Obradoiro de Pensamento Positivo. Impartido por Amparo López
O último martes de cada mes de 19:00 a 20:30 h

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuaria 040214 ofrece uvas por horas.
@ usuari@ 020049 ofrece forno microondas ou cocinilla a gas ideal para camping. Troco por 3 horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas
@ usuari@ 040668 ofrece marmelada de ameixa casera a cambio de horas. 3 botes por una hora.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS
@ usuaria 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
@ usuari@ 040607 busca persoa que poida impartirlle prácticas de conducir moto de 125cc. Troco por horas.
@ usuari@ 020049 demanda desbrozadora de finca en bo estado. Troco por horas.
@ usuari@ 040607 busca persoa que poida impartirlle prácticas de conducir moto de 125cc. Troco por horas.
@ usuari@ 010053 demanda limpeza para o seu fogar 6 horas ao mes. (3 horas cada 15 días). Troco por horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.