Blog

03 Dec / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 25

boletindiciembre1cabecera

¡Ola de novo banqueir@s!

Coa chedada do Nadal é o momento idóneo para compartir todas esas cousas que xa non usas pero quizá oura persoa necesite, por isto celebramos:

O TROCO NAVIDEÑO O VENRES 12 DE DECEMBRO A PARTIR DAS 18 HORAS NA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS, ESPERÁMOSVOS PARA TROCAR!!!


trocoteisnavfb

Este mercado reinventado, ofrece centos de obxetos para que troquedes, dende roupa, productos da horta pasando por elemetos decorativos, pequenos electrodomésticos e todo o que vos poidades imaxinar…

Non perdades a oportunidade de participar neste sistema semi altruista que forma parte da nosa cultura popular e que dende o Banco do Tempo Municipal de Vigo queremos reinventar, ofrecendo unha visión actualizada e funcional desta moeda.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE AXILIDADE MENTAL

Saians-axilizamos-mente

En Saiáns axilizamos a mente por Sandra Goberna
Os mércores de 10:30 a 11:30 h
EN SAIÁNS ENSINAMOS GANCHILLO E CALCETA

salsa-saians-block-baja

En Saiáns ensinamos Ganchillo e Calceta por Rita Cidre
Os luns de 18:00 a 20:00h
PATCHWORK

patchwork-saians

Obradoiro de Patchwork. Impartido por Isabel Cristina Da Silva
Os luns de 16:30 a 18:00

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE COCIÑA SINXELA E ECONÓMICA

cociña-teis-2

Cociñaremos aliñas de polo ú curry e laranxa con cuscús e cocadas de ferrol. Impartido por Iria Fernández
O sábado 13 de de Decembro de 10 a 12:45
INFORMATICA


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

INGLÉS PARA CATIVOS


ingles-cativos-casco

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
HAMA BEADS


hama-casco-cartel

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
INFORMATICA


salsa-saians-block-baja

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS
@ usuari@ 040144 ofrece bote de 30 mililitros de flores de bach por tres horas, con dereito a devolución do bote.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
@ usuari@ 030149 ofrece ovos e biscoitos caseiros por horas.
@ usuari@ 040292 ofrece marmeleiros por horas.
@ usuari@ 010001 ofrece unha cabaza por 1 hora.
@ usuari@ 040214 ofrece uvas por horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas.
@ usuari@ 040668 ofrece marmelada de ameixa casera a cambio de horas. 3 botes por una hora.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS
@ usuari@ 0100453 demanda fotógrafo para ampliar unha foto antigua a cambio de horas.
@ usuari@ 040081 demanda un antenista a cambio de horas.
@ usuari@ 020018 demanda unha persoa que saiba arranxar xoias e bisutería.
@ usuari@ 020018 demanda unha persoa que ganchille por encargo.
@ usuari@ 020018 demanda un ordenador a cambio de horas.
@ usuari@ 040171 demanda unha persoa que saiba coser para arranxar roupa
@ usuari@ 040171 demanda unha persoa que lle ensine a colgar anuncios en internet.
@ usuari@ 030149 demanda unha persoa que lle ensine a facer xabóns e cremas naturais a cambio de horas ou dun biscoito caseiro.
@ usuari@ 030149 demanda unha persoa que lle ensine a facer bainicas a cambio de horas ou ovos caseiros.
@ usuari@ 040352 demanda unha persoa gobernanta de hotel que lle poida dar clases.
@ usuari@ 040538 demanda cascos para móvil.
@ usuari@ 040538 demanda libros de Frederick Forsyth a cambio de horas.
@ usuari@ 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
@ usauri@ 020049 demanda desbrozadora de finca en bo estado. Troco por horas.
@ usuari@ 040607 busca persoa que poida impartirlle prácticas de conducir moto de 125cc. Troco por horas.
@ usuari@ 010053 precisa un informático que saiba detectar problemas de conexión para configurar o seu ordenador persoal, para que detecte a wifi da súa casa.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.