03 Sep / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 43

boletin-F-setembro-cabecera

Ola de novo banqueir@s!

Xa estamos de volta banqueir@s, coas pilas moi cargadas para comezar un setembro cheo de actividas, ¿A que esperades para anotarvos?

Recordade banqueir@s non contedes os días, facede que os días conten.

BENVID@S BANQUEIR@S!

O novo banqueir@ @040732 oferta: Labores do fogar,acompañamento e conversa con persoas, pasear animais. Demanda: Informática básica e acceso a internet, clases de inglés.

O novo banqueir@ @040731 oferta: Clases de escola de espalda. Demanda: Clases de Francés.

O novo banqueir@ @040730 oferta: Clases internet, programas informáticos colaboradores,deseño de blogs, deseño básico, iniciación a Linux,etc… Demanda: Axuda en coidado de horta.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE PATCHWORK


saians-aprendemos-patchwork

En saiáns aproveitamos retais e creamos novas pezas.
Os luns de 16:30 a 18:00 h
OBRADOIRO DE GUITARRA


saians-aprendemos-guitarra

En Saiáns aprendemos a tocar a guitarra con arte.
Os xoves de 19:00 a 20:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE DEBUXO E PORTUGUÉS


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE COCIÑA FÁCIL E SA


cocina-teis-sa

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

FALADOIROS EN FRANCÉS


frances-cascovello

Anímate a coñecer un idioma veciño e novo con nós! Facendo é como se aprende.
Os luns de 20:00 a 21:00 h
INGLÉS PARA CATIVOS


ingles-cativos-cascovello

Traede os máis cativos para que melloren e se familiaricen con idiomas diferentes dende ben pequenos!
Os venres de 17:30 a 19 h

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– TAICHI
– GANCHILLO E CALCETA

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 010106 oferta Vestido de sevillana no tamaño 38 por 10 horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040394 oferta clases de saxofón.
@ usuari@ 040144 ofrece servizos online de acompañamiento y entretenimiento: tarot terapéutico no adivinatorio/skype/telefónico/hangouts.
@ usuari@ 040144 ofrece envio/recepción de faxes, mails, escandeados, fotocopias, mecanografiado de textos e traducciones breves de alemán.
@ usuari@ 040144 ofrece bote de 30 mililitros de flores de bach por tres horas.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
@ usuari@ 030149 ofrece ovos e biscoitos caseiros por horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 010106 demanda Cubo industrial con fregona e Mopa industrial de segunda man,perchero de barra con rodas (llamados burra), pintor para darlle unha man de pintura a un local, estanterías,escritorio.
@ usuari@ 010106 demanda Unha persona para facer recados durante media mañá.
@ usuari@ 010106 demanda luces de emerxencia de segunda ou terceira man e extintores.
@ usuari@ 010106 demanda pequenas traducións para francés, inglés e catalán.
@ usuari@ 010106 demanda unha bicicleta sin pedales para nena de dous anos cambio de horas.
@ usuari@ 010106 demanda Unha bicicleta para adulto a cambio de horas.
@ usuari@ 010106 demanda Unha persoa para facer un disfraz.
@ usuari@ 010106 demanda Unha persoa que limpe xanelas e cristais.
@ usuari@ 040538 demanda guitarra,libros para aprender a tocar a guitarra,material de debuxo en xeral e libros en xeral por horas.
@ usuari@ 040179 demanda unha persoa con coñecementos para navegar en vela lixeira.
@ usuari@ 040166 demanda calendarios de peto (que estén en boas condicións) a cambio de horas.
@ usuari@ 040425 demanda unha muller que lle ensine a facer pequenos arranxos de bricolaxe a cambio de horas.
@ usuari@ 040341 demanda antigüidades e traxes rexionais galegos.
@ usuari@ 040352 demanda unha persoa gobernanta de hotel que lle poida dar clases.
@ usuari@ 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.