29 Sep / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 45

boletin-F-outubro-cabecera

Ola de novo banqueir@s!

Xa entramos no outono, entramos na estación da caída das follas, das castañas…E que mellor forma de celebrar o cambio de estación que participando no Banco do Tempo.

Recordade que o venres 9 de outubro temos MERCADO DO TROCO EN CASCO VELLO, a partir das 18:00h estarémos esperándo a vosa visita.

BENVID@S BANQUEIR@S!

O novo banqueir@ @040740 oferta: Clases de inglés. Demanda: Clases de francés.

O novo banqueir@ @040739 oferta: Clases de debuxo e pintura e clases de cultura en xeral. Demanda: Clases de francés.

O novo banqueir@ @040738 oferta: Mecánico. Demanda: Saídas en moto e excursións.

O novo banqueir@ @020115 oferta: Perruquería e estética. Demanda: Masaxista e un coche para a mudanza.

O novo banqueir@ @030167 oferta: Clases de cociña e inglés. Demanda: Patchwork.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE CALCETA E GANCHILLO


saians-calceta-ganchillo

En saiáns aprendemos artes tradicionais.
Os luns de 18:00 a 20:00 h
OBRADOIRO DE TAICHI


saians-calceta-ganchillo

En saiáns prácticamos o equilibrio entre a mente e o corpo.
Os mércores de 10:30 a 11:30 h
OBRADOIRO DE CONTACONTOS


saians-contamosche-contos

En saiáns os máis cativos poderán disfrutar dunha tarde máxica.
Os venres 16 de outubro de 17:00 a 19:00 h
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA


fotografia-saians

En saiáns os máis cativos poderán disfrutar dunha tarde máxica.
Os venres 16 de outubro de 17:00 a 19:00 h
OBRADOIRO DE PATCHWORK


saians-aprendemos-patchwork

En saiáns aproveitamos retais e creamos novas pezas.
Os luns de 16:30 a 18:00 h
OBRADOIRO DE GUITARRA


saians-aprendemos-guitarra

En Saiáns aprendemos a tocar a guitarra con arte.
Os xoves de 19:00 a 20:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE DEBUXO E PORTUGUÉS


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE COCIÑA FÁCIL E SA


cocina-teis-sa

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO: ELABORACIÓN DE XABÓNS


teis-aprendemos-xabons

En Teis aprendemos a facer xabóns artesanais.
Xoves, 15 de Outubro de 2015 de 16:30 a 18:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE ESCOLA DE ESPALDA


informatica-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
FALADOIROS EN FRANCÉS


frances-cascovello

Anímate a coñecer un idioma veciño e novo con nós! Facendo é como se aprende.
Os luns de 20:00 a 21:00 h
INGLÉS PARA CATIVOS


ingles-cativos-cascovello

Traede os máis cativos para que melloren e se familiaricen con idiomas diferentes dende ben pequenos!
Os venres de 17:30 a 19 h

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– ¿CÓMO NAVEGAR POLO BANCO DO TEMPO?
– Coaching “pensamento positivo”

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040394 oferta clases de saxofón.
@ usuari@ 040144 ofrece servizos online de acompañamiento y entretenimiento: tarot terapéutico no adivinatorio/skype/telefónico/hangouts.
@ usuari@ 040144 ofrece envio/recepción de faxes, mails, escandeados, fotocopias, mecanografiado de textos e traducciones breves de alemán.
@ usuari@ 040144 ofrece bote de 30 mililitros de flores de bach por tres horas.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
@ usuari@ 030149 ofrece ovos e biscoitos caseiros por horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040431 demanda trocar contos.
@ usuari@ 040538 demanda guitarra,libros para aprender a tocar a guitarra,material de debuxo en xeral e libros en xeral por horas.
@ usuari@ 040179 demanda unha persoa con coñecementos para navegar en vela lixeira.
@ usuari@ 040166 demanda calendarios de peto (que estén en boas condicións) a cambio de horas.
@ usuari@ 040425 demanda unha muller que lle ensine a facer pequenos arranxos de bricolaxe a cambio de horas.
@ usuari@ 040341 demanda antigüidades e traxes rexionais galegos.
@ usuari@ 040352 demanda unha persoa gobernanta de hotel que lle poida dar clases.
@ usuari@ 040004 demanda unha mangueira de regar de 20 metros a cambio de horas.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.