18 Feb / BOLETÍN INFORMATIVO QUINCENA 54

boletin-F-febrero2-news

¡Ola de novo banqueir@s! Hai un dito que di que despois da tormenta sempre chega a calma, esperemos que despois do último fin de semana volva a visitarnos o sol un pouquiño ¿non?

Aínda así non hai nada mellor para o frío ou a choiva que estos obradoiros.

SEMANA DE REUNIÓNS BANQUEIR@S:

CORUXO: Martes, 23 de Febreiro ás 17:30 h.
CASCO VELLO: Mércores, 24 de febreiro, ás 11:00 h. e ás 19:30 h.
TEIS: Xoves, 25 de febreiro, ás 19:00 h.
SAIÁNS: Luns, 29 de febreiro,ás 18:00 h.

BENVID@S BANQUEIR@S!

O novo banqueir@ @040757 demanda: clases de francés, actividades musicais e canto. Oferta: pasar documentos ao ordenador, impartir clases de matemáticas, física e química e tramitar documentación ante Administracións Públicas.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CORUXO

OBRADOIRO DE AXILIDADE MENTAL


coruxo-axilizamos-mente

En Coruxo axilizamos a mente.
Os mércores de 10:00 a 11:00 h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO DE CALCETA E GANCHILLO


saians-calceta-ganchillo

En saiáns aprendemos artes tradicionais.
Os luns de 18:00 a 20:00 h
OBRADOIRO DE TAICHI


saians-calceta-ganchillo

En saiáns prácticamos o equilibrio entre a mente e o corpo.
Os mércores de 10:30 a 11:30 h
OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA


fotografia-saians

En Saiáns aprendemos a manexar a cámara de fotos, sexa dixital ou analóxica!
Os luns de 16:30 a 18:00h.

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE GUITARRA


guitarra-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE DEBUXO E PORTUGUÉS


frances-cascovello

Anímate a coñecer un idioma veciño e novo con nós! Facendo é como se aprende.
O Venres 19 de Febreiro de 18:00 a 19:30

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO INFORMÁTICA


guitarra-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO INGLÉS INICIACIÓN


guitarra-casco-vello

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO COMUNICACIÓN EFECTIVA


comunicacion-casco-vello

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
FALADOIROS EN FRANCÉS


frances-cascovello

Anímate a coñecer un idioma veciño e novo con nós! Facendo é como se aprende.
Os luns de 19:00 a 20:00 h

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– Customiza a túa roupa.
– Ganchillo creativo.

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040488 oferta 10 sillas de plástico branco por horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040394 oferta clases de saxofón.
@ usuari@ 040144 ofrece servizos online de acompañamiento y entretenimiento: tarot terapéutico no adivinatorio/skype/telefónico/hangouts.
@ usuari@ 040144 ofrece envio/recepción de faxes, mails, escandeados, fotocopias, mecanografiado de textos e traducciones breves de alemán.
@ usuari@ 040144 ofrece bote de 30 mililitros de flores de bach por tres horas.
@ usuari@ 020093 ofrece coidado de nen@s e persoas maiores a cambio de horas.
@ usuari@ 030150 ofrece acompañar persoas maiores ou con discapacidade a cambio de horas ou que lle axuden coa súa horta.
@ usuari@ 030149 ofrece ovos e biscoitos caseiros por horas.
@ usuari@ 010009 ofrece produtos da horta: froitas, leitugas, cabazas, etc… Troco por horas.
@ usuari@ 040660 ofrece animar festas de cativos e maiores: monólogos, xogos de animación, etc… Troco por horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 020018 demanda unha furgoneta de 8 plazas para unha viaxe.
@ usuari@ 040431 demanda un compresor para pintar con pistola a cambio de horas.
@ usuari@ 040062 demanda traxes rexionais, cotío e gala, pandeireta, pandeiro, zapatos…etc, todo o relacionado con este tema a cambio de horas.
@ usuari@ 040431 demanda trocar contos a cambio de horas.
@ usuari@ 040342 demanda fotógrafo que teña foco, estanterías metálicas e un perchero de pé ou burro a cambio de horas.
@ usuari@ 040538 demanda guitarra,libros para aprender a tocar a guitarra,material de debuxo en xeral e libros en xeral por horas.
@ usuari@ 040179 demanda unha persoa con coñecementos para navegar en vela lixeira.
@ usuari@ 040166 demanda calendarios de peto (que estén en boas condicións) a cambio de horas.
@ usuari@ 040341 demanda antigüidades e traxes rexionais galegos.
Se alguén pode axudar a un usuario a publicitar excursión a través da rede, pode porse en contacto con nós a través de vigo@bancodotempo.es
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.