05 Mar / BOLETÍN INFORMATIVO MES DE MARZO

Boletin-Datas-Marzo-News

Ola a todxs ¿Sabíades qué?

Marzo: O seu nome deriva do latín Martivs, que era o primeiro mes do calendario romano. Martivs á súa vez derívase de Mars, o nome en latín de Marte, Deus romano da guerra. De acordo cunha tradición, a pedra de marzo é a aguamarina, e a súa flor, o narciso.

Espero que esta listaxe dos eventos máis célebres durante o mes de marzo vos sexa útil.

3 de marzo – Día Mundial da Natureza.
8 de marzo – Día Internacional da Muller.
19 de marzo – Día do Pai.
20 de marzo – Día Mundial da Felicidade.
21 de marzo – Semana de solidariedade cos pobos que loitan contra o racismo e a discriminación racial.
21 de marzo – Día Mundial da Poesía.
25 de marzo – Día Europeo contra Trata de Seres Humanos.
27 de marzo – Día Mundial do Teatro.
28 de marzo – En Vigo celébrase a festa da Reconquista, que conmemora a expulsión dos franceses da cidade no ano 1809.

A orixe do Día Mundial da Felicidade é unha bonita historia. Foi o Reino de Bután un pequeno país do sur de Asia na cordilleira do Himalaya, o que propuxo este día á ONU. Resulta que o Rei de Bután hai máis de 40 anos, e cando só tiña 16 decidiu que a filosofía do seu goberno basárase na felicidade dos seus súbditos. E para iso inventou o concepto da Felicidade Nacional Bruta (FNB), no canto do Produto Interior Bruto. ¿Non é xenial?, Calcúlase medindo nove puntos: o benestar psicolóxico, o uso do tempo, a vitalidade da comunidade, a cultura, a saúde, a educación, a diversidade ambiental, o nivel de vida e o Goberno.

Disfrutade Banqueirxs do fermoso mes de Marzo e a súa historia!!!

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 15/1999 de 13 de decembro de protección de datos de carácter persoal, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofrecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE NOVAS UTILIDADES NO ANDROID


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE APRENDER UN IDIOMA SEN ESTRESARSE


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN LABORAL


croquetas-teis

Estamos a formar grupo, inscríbete xa!
OBRADOIRO DE DOGECOIN


meditacion-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE TEIS

OBRADOIRO DE TÉCNICAS TEATRALES


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE COCIÑA (PASTEL VEXETARIANO)


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO DE COCIÑA (CROQUETAS)


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DE SAIÁNS

OBRADOIRO DE CORTE E CONFECCIÓN


costura-saians-formando

Os mércores de 17:30 a 19:30 h.
OBRADOIRO: INFORMÁTICA PARA PRINCIPIANTES


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: MELLORAMOS A NOSA IMAXE PERSOAL E MAQUILLAXE


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: COSMÉTICA NATURAL


Android-casco-vello

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: RUTAS BOTÁNICAS POR SAIÁNS


Rutas-botánicas-por-Saians

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!
OBRADOIRO: CONVERSAS EN ALEMÁN


Aleman-nivel-medio-Saians

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040748 oferta plantas medicinais por horas.
@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040775 clases de inglés por horas.
@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.
@ usuari@ 040748 oferta lavacabezas portátil a estrenar 5 horas.
DEMANDAS

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040133 demando unha neveira.
@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
@ usuari@ 020116 demando unha profesora de francés.
@ usuari@ 040768 demando unha televisión pequena para a cociña.
@ usuari@ 010126 demando un técnico que repare un lector nunha minicadena.
@ usuari@ 040322 demando unha camilla para masaxes a cambio de horas.
By Banco do Tempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.