05 Jun / BOLETIN INFORMATIVO MES DE XUÑO

Boletin-Datas-XUÑO-News

BOLETÍN INFORMATIVO

Qué tal Banqueiras e Banqueiros? Este mes de xuño temos o troco na OMD de Coruxo, animádevos haberá concurso de postres, e moitas sorpresas.

Animámosvos a que sigades disfrutando ofrecendo o voso tempo ¡cada día é unha nova oportunidade!

Segue ao Banco do Tempo en www.facebook.com/bancodotempovigo e twitter.com/bdtvigo e estarás ao día de todo o que está a acontecer.

Podedes publicar os vosos anuncios, ofertas, demandas, …

Con motivo das novidades introducidas en relación á Ley Orgánica 8/2018, do 5 de decembro de protección de datos perosais e garantía dos dereitos dixitais, vémonos na obriga de modificar o texto referente á confidencialidade dos datos no formulario de inscrición do Banco do Tempo ampliando a información relativa aos dereitos dos usuarios e a situación do ficheiro de datos. As novas fichas de inscrición estarán a disposicición dos usuarios que desexen asinar as novas claúsulas.

As persoas que renuncien á sinatura das novas claúsulas entenderase que otorgan consentimento para a súa adhesión ao novo ficheiro de datos así como ao resto das modificacións introducidas.

Para exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición pode dirixirse achegando unha copia do DNI do titular dos datos (para os efectos de verificación), a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Vigo.

Accede a nosa lista de servizos mediante a aplicación http://vigo.bancodotempo.es/?page_id=1936 e anímate a participar, xa que moitos usuari@s ofecendo e demandando constantemente, xeran unha gran riqueza no sistema.

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

ACTIVIDADES

A continuación detallamos as actividades grupais do Banco do Tempo que se están a levar a cabo nas Oficinas Municipais de Distrito da nosa cidade. Recorda que a actividade fai que o tempo pareza breve.

Se queres información das datas dos obradoiros ao completo, entra na nosa páxina web vigo.bancodotempo.es

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO SAIÁNS

OBRADOIRO CORTE E CONFECCIÓN

 

Os xoves, de 17.30 A 19:30h
OBRADOIRO DE GUITARRA

 

Os luns, de 18.30 19.30h

OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO CASCO VELLO

OBRADOIRO DE INGLÉS

Estamos facendo grupo ¡Anímate e participa!

OFICINA MUNICIPAL DE CORUXO

XXXI XORNADA DO TROCO

a partir das 16:30 na OMD de Coruxo

¿GUSTARÍACHE REALIZAR ALGÚN DESTES OBRADOIROS?

– Taichi
– Fotografía

SE ESTAS INTERESAD@, INSCRÍBETE EN CALQUERA OFICINA MUNICIPAL DE DISTRITO DO CONCELLO DE VIGO: CASCO VELLO, NO TELÉFONO 986 226 841, SAIANS,NO TELÉFONO 986 498 657, TEIS, NO TELÉFONO 986 266 030, CORUXO, NO TELÉFONO 986 491 190 OU A TRAVÉS DO CORREO ELECTRÓNICO vigo@bancodotempo.es

ANUNCIOS

OFERTAS

BANQUEIR@S SE A VOSA OFERTA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040748 oferta plantas medicinais por horas.
@ usuari@ 040214 oferta ovos caseiros por horas.
@ usuari@ 040775 clases de inglés por horas.
@ usuari@ 040583 oferta sesións de reiki.
@ usuari@ 040768 oferta camisas de home talla L e XL.
@ usuari@ 040768 oferta abrigos e camisasde muller tamaño 44/46 e zapatos e botas de muller talla 37.
@ usuari@ 030172 oferta esqueixes por horas.
@ usuari@ 040127 oferta servizo de preparación de ceas, veladas e eventos para levar a domicilio ou preparar no propio domicilio a cambio de horas.

BANQUEIR@S SE A VOSA DEMANDA XA A TEDES CUBERTA, AVISÁDENOS PARA QUE A POIDAMOS QUITAR, E PODER TER ACTUALIZADA ESTA SECCIÓN.

@ usuari@ 040748 demando libros ou revistas que conteñan fotos de monumentos históricos ou artísticos e de paisaxes de todo o mundo.
@ usuari@ 040004 demando libros de Martín Códax, que ofrecía a oficina de turismo.
@ usuari@ 040133 demando unha neveira
@ usuari@ 040772 demando unha campá extractora duns 60 cm e cadros de decoración para o salón (grandes a poder ser) e para o corredor (máis pequenos), ou calquera outro obxecto de decoración.
@ usuari@ 040507 demando un telefonillo para casa.
@ usuari@ 020120 demando mel, polen e xelea real.
@ usuari@ 030181 demando axuda nas tarefas do fogar.
By Banco del Tiempo in Boletín
No Comment

Sorry, the comment form is closed at this time.